martes, 21 de noviembre de 2017

Magosto Gráfico




Este mes estamos colaborando en el Magosto Gráfico que organiza Autoban, y en el que también participa AGPI y Ánimas Anónimas, con el apoyo de Acreativa, un nuevo espacio cultural de Afundación. Es un evento centrado en la ilustración y que aglutina diferentes actividades. Se celebra el viernes 24 y sábado 25 de noviembre en la sede de Afundación de A Coruña. En esta edición piloto se ha intentado hacer algo variado que resultase atractivo a muchos tipos de público, pero tomando de base las actividades que se suelen desarrollar en Autoban y Autobom.





Y para la ocasión hemos decidido darle una vuelta al clásico Drink&Draw y lo hemos centrado en concept art para animación. El motivo es que los compañeros del colectivo de animación Ánimas Anónimas van a escoger algunos de los concepts y realizar una pequeña animación con ellos. Así que si queréis ver vuestros personajes animados sólo tenéis que venir dispuestos a dibujar.


Os dejamos el horario de las actividades y el enlace al evento de Fb:

VENRES 24 de Novembro
  • 19:00 - Drink & Draw especial animación.Quedada para debuxar aberta a todo o mundo (profesionais e amateurs) cunha serie de probas, que nesta ocasión tratarán sobre a creación de elementos e personaxes para a súa posterior animación por parte dos integrantes do colectivo Ánimas Anónimas.
  • 20:30 - Concerto Ilustrado de Ocre con debuxo en vivo de Mateo Alvarellos e PaulaEsteban.Ocre, o grupo unipersoal de Edu Poch, ofreceranos unha actuación chea de maxía e electropop, acompañado do debuxo en directo dunha parella de xoves talentos.

SÁBADO 25 de Novembro

  • 11:30 - 21:30 - Expo Inktober 2017 e Mercado de Ilustración.
  • 12:00 – Minibán: contacontos de Iván Serrano ilustrado en vivo por Roberto Martínez Soler e Maria Alvarez Hortas.
    Iván Serrano fará as delicias dos máis cativos coas súas cautivadoras historias para toda a familia, acompañado nesta ocasión por dous talentos da ilustración debuxando en directo.
  • 13:30 - Pinchada de F. Taccio e sesión vermú
    Cara o mediodía poderedes desfrutar dunha sesión vermú amenizada polo xenial F. Taccio, que preparará unha animada sesión de musiqueo.
  • 16:00 - Charla: «A impresión dixital ao servizo da creatividade. Un mundo de posibilidades» polo Colexio Fogar Afundación.
  •  17:00 – Autocine
    O Autocine consiste na proxección de curtas de animación independentes, especialmente escollidas por Martin Romero. Visualizaremos as seguintes pezas:
    - "Double King" de ‎Felix Colgrave
    - "Cat City" de Victoria Vincent
    - "The Kiosk" de Anete Melece
    - "Little Girl" de Steven Subotnick
  • 19:00 - Coloquio: "Mamá, quero ser artista! - Venturas e desventuras do mundo da creación"
    Tres creadores xoves e talentosos xúntanse para descreber a súa evolución persoal e artística: Gemma Pérez, deseñadora gráfica e multimedia; Yago García Rodríguez (Ilustrador), ilustrador e deseñador de produto; e Giovanna Lopalco/ Pelo di Cane, animadora e ilustradora. Moderará o coloquio Bernal Prieto. 

jueves, 12 de octubre de 2017

GRAPHIC JAM 2017: unha crónica en imaxes


 Fotografías por VIRGINIA DE

O GRAPHIC JAM desenvolveuse durante o sábado 30 de setembro, no centro Ágora de A Coruña. Plantexouse como un punto de encontro para profesionais do ámbito gráfico, pero tamén como un punto de difusión para afeccionados e futuros profesionais.


A MOSTRA COLECTIVA conta coa participación de ilustradores, debuxantes e deseñadores tanto de A Coruña como de Galicia. Conta con case 50 obras impresas e máis de 20 obras audiovisuales, que se proxectan nunha parede do recinto, e permanecerá pendurada ata o 30 de Outubro.


A actividade CLUBES estructurouse en 4 mesas: AUDIOVISUAL (Ánimas Anónimas), EDITORIAL (Editorial Bululú), VIDEOXOGOS (Molab) e PUBLICIDADE (Creatividade Galega / CANTERA / CESUGA). Tamén0, había unha mesa informativa das dúas entidades organizadoras: o colectivo MIÑOCO e a ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA ILUSTRACIÓN (AGPI). Estas mesas contaban con folletos informativos pensados para rapaces que estén pensando no seu futuro profesional, onde podían atopar os diferentes postos de traballo dentro de cada sector, escolas e centros de formación, e tamén colectivos e0 asociacións profesionais relacionadas con cada medio. Os colaboradores das mesas resolvían as dúbidas que puidesen ter os visitantes e mostrábanlles os seus proxectos.


Tamén se desenvolveu un OBRADOIRO de ilustración aplicada aos 4 sectores. Partindo dun conto popular, plantexaronse 4 exercicios para que os nenos puidesen escoller o que máis lles interesase: deseño de personaxe para videoxogos, ilustración para cartel publicitario, storyboard para película de animación e cómic para edición editorial.


Pola tarde transcurriron as actividades centradas en profesionais. Por un lado primeiro tivo lugar a charla de presentación da gráfica do FKM, con Luis Sendón (autor do cartel) e Talía Perrilla (autora da mostra) como convidados.


A continuación realizouse a mesa redonda VIDA EXTRA moderada por Alberto Guitián (ilustrador), e na que participaron Virginia Curiá (animación), Víctor Fernández (game design), Adriana Villamisar (branding) e Álvaro Valiño (Infografía).


Para pechar as actividades no auditorio entregaronse os premios do CERTAME. O gañador da categoría adultos COMIC/ILUSTRACIÓN foi Mateo Alvarellos; a gañadora da categoría adultos OBRA AUDIOVISUAL foi Lía Rodriguez; e a gañadora da categoría xuvenil DESEÑO DE PERSONAXES foi Antía Bringas, que levou un lote editorial patrocinado por Alita Cómics e Librería Cascanueces.


Como actividade final realizouse o SPEED DATING para profesionais, acompañado dunha sesión informal de NETWORKING, onde se instalou un taboleiro para deixar tarxetas de visita, e se repartiron identificacións para que os asistentes participasen dunha forma máis distendida.




martes, 10 de octubre de 2017

Como foi o PARK and DRAW




Aquí vos deixamos varias imaxes da actividade que fixemos durante o PARK(ING) DAY que organizou o Concello de A Coruña co gallo da Semana Europea da Mobilidade.