lunes, 11 de septiembre de 2017

CERTAMES "GRAPHIC JAM"

Unha das novas que os traemos son os certames de "COMIC E ILUSTRACION" e o de "OBRA AUDIOVISUAL / ANIMACIÓN / VIDEOXOGOS" para adultos e tamén unha categoria xuvenil para os máis novos.
O certame ten como obxectivo involucar as novas xeracións de creadores do sector da creación visual, multimedia e gráfico. Tratase dun certame para afeccionados que busca a difusión de novos valores dentros dos diferentes ámbitos da cultura.

¡APUNTANTE! ¡O prazo remata o 24 de setembro!






 


CATEGORÍAS


Poderán participar na mostra todos os creadores galegos ou afincados en Galicia. Cada participante poderá presentar unha soa obra.



1. CATEGORIA XUVENIL: CREACIÓN DE PERSONAXE

— Establécese un único premio valorado en 100 € de material editorial.

— Poderán participar rapazas e rapaces entre os 12 e 17 anos.

— A obra enviarase en formato dixital vía e-mail a minhocoestudio@gmail.com antes do 24 de setembro de 2017, indicando no asunto do e-mail «CERTAME XUVENIL: CREACION DE PERSONAXE», ademais de nome e apelidos, idade do autor/es, enderezo de e-mail e teléfono de contacto.

— O debuxo deberá consistir na creación dun personaxe de corpo enteiro e mais outro debuxo de primeiro plano (rostro). Deberá ser unha idea orixinal do participante, polo que todo plaxio ou variación de personaxes xa existentes será motivo de descualificación no certame.

— O debuxo non poderá estar premiado previamente noutros certames.

— Pódese usar na creación da obra técnica mixta, tradicional ou dixital.

— O tamaño da obra será o A4.

— É imprescindible que os pais ou titores legais asinen a autorización na que consenten a participación do menor, aceptan as bases e outorgan a súa conformidade ao exposto nelas.

— O titor ou representante legal do participante será o responsable do material que presente ao certame.

— A obra gañadora poderá ser difundida na páxina web de Miñoco e as súas redes sociais coa finalidade de difundir o evento e dar a coñecer os gañadores.



2. CATEGORIA ADULTOS «CÓMIC / ILUSTRACIÓN»

— Establécese un único premio en metálico de 250 € á obra gañadora, indistintamente de que sexa escollida unha ilustración ou un cómic.

— Poderá participar calquera persoa a partir dos 18 anos de idade.

— A obra enviarase en formato dixital vía e-mail a minhocoestudio@gmail.com antes do 24 de setembro de 2017, e no asunto do e-mail indicarase «CERTAME ADULTOS “COMIC / ILUSTRACIÓN”», ademais de nome e apelidos do autor/es, enderezo de e-mail e teléfono de contacto.

— No caso de presentar un cómic, deberá ter un mínimo de 2 páxinas e un máximo de 8 cun tamaño DIN A4. Ademais, o cómic poderá ter varios autores (debuxante/guionista/colorista...).

— No caso de presentar unha ilustración, esta estará en formato DIN A4.

— O cómic ou ilustración debe ser unha idea orixinal, polo que todo plaxio será motivo de descualificación no certame.

— O cómic ou ilustración non poderá estar premiado previamente noutros certames.

— Pódese usar na creación da obra gráfica tanto técnicas tradicionais coma dixitais.

— A obra gañadora poderá ser publicada na páxina web de Miñoco e as súas redes sociais coa finalidade de difundir o evento e dar a coñecer os gañadores.

— O pagamento do premio realizarase nun prazo de entre 60 e 180 días.



3. CATEGORIA ADULTOS «OBRA AUDIOVISUAL, ANIMACIÓN E VIDEOXOGOS»


— Establécese un único premio en metálico de 250 € á obra gañadora, indistintamente de que sexa escollida unha peza audiovisual ou un videoxogo.

— Poderá participar calquera persoa a partir de 18 anos de idade.

— A obra enviarase en formato dixital vía e-mail a minhocoestudio@gmail.com, cun arquivo anexo ou unha ligazón á nube, antes do 24 de setembro de 2017, indicando no e-mail o asunto «CERTAME ADULTOS “OBRA AUDIOVISUAL”» ademais de nome e apelidos do autor/es, enderezo de e-mail e teléfono de contacto.

— A curtametraxe ou videoxogo debe ser unha idea orixinal, polo que todo plaxio será motivo de descualificación no certame.

— A curtametraxe / imaxen real / animación ou videoxogo non poderá estar premiado previamente noutros certames.

— A obra poderá ter varios autores.

— A obra entregarase en formato de vídeo MP4 ou MOV.

— A duración da obra audiovisual será dun máximo de 25 minutos. No caso de videoxogos non terá limitación de tempo.

— Fragmentos, clips ou imaxes estáticas da obra gañadora poderán ser publicados na páxina web de Miñoco e as súas redes sociais coa finalidade de difundir o evento e dar a coñecer os gañadores.

— O pagamento do premio realizarase nun prazo de entre 60 e 180 días.

PREMIOS

A entrega do premio terá lugar no auditorio do Centro Ágora (lugar da Gramela, 17, A Coruña) ás 19:00 do día 30 de setembro.

O pagamento dos premios en metálico realizarase nun prazo de entre 60 e 180 días.




XURADO

As obras gañadoras serán seleccionadas por un xurado composto por un representante da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, un representante da Concellería de Culturas do Concello da Coruña, un representante das Bibliotecas Municipais da Coruña e un representante do colectivo Miñoco, este último exercendo como secretario.

O xurado valorará:

• 1. Mérito artístico, tendo presente a idade do autor (XUVENIL)
• 2. Orixinalidade.
• 3. Tema.
• 4. Estilo.

O ditame do xurado será́ definitivo e inapelable. Calquera imprevisto relacionado coas presentes bases será resolto ao criterio do xurado. O xurado poderá declarar deserto o certame só no caso de que ningunha das obras cumpran cos requisitos esixidos pola presente convocatoria.




MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN

Será descualificadas:

— As obras que incumpran calquera dos requisitos de participación sinalados na presente convocatoria.

— As obras participantes usadas con fins comerciais ou que teñan contidos ofensivos para algún colectivo.

— As obras que non sexan creación propia dos participantes.

— Na categoría xuvenil, as obras que teñan indicios de manipulación por un adulto.




TERMOS E CONDICIÓNS

— O participante dará conformidade para que os organizadores mostren as obras gañadoras con fins expositivos ou de difusión e sen ánimo de lucro. Os autores serán debidamente acreditados.

— Aceptando o anterior, o participante recoñece que é titular dos dereitos de autor sobre a obra presentada no certame en termos da Lei de Propiedade Intelectual.

— As obras poden non ser inéditas, pero é imprescindible que non sexan comerciais e que non fosen premiadas con anterioridade noutros certames.

— A participación no certame supón a aceptación das presentes bases e condicións, así como a submisión expresa dos participantes aos criterios empregados e as decisións interpretativas do xurado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario