miércoles, 27 de septiembre de 2017

CLUBES no GRAPHIC JAM

CLUBES é unha actividade especialmente pensada para as rapazas e rapaces que estén comezando a pensar no seu futuro profesional e os estudios superiores que queren cursar. Aínda que tamén se poderán achegar profesionais e o público xeral.

Haberá 4 mesas que funcionarán como puntos de información, unha por cada sector: #editorial, #audiovisual, #publicidade e #videoxogos. Nesas mesas poderán encontrar folletos informativos das diferentes profesións e escolas para estudar. Ademáis, as mesas estarán xestionadas por colectivos ou profesionais de cada sector, que lles poderán resolver dúbidas entorno ás diferentes profesións.

CLUBE DE AUDIOVISUAIS
Xestionado polo colectivo Ánimas Anónimas. Colectivo de animación

CLUBE DE VIDEOXOGOS
Xestionado pola Asociación Monkey Laboratory - MoLab

CLUBE DE EDITORIAL
Xestionado pola editorial Bululú

CLUBE DE PUBLICIDADE
Xestionado pola asociación Creatividade Galega e o Cluster da Comunicación Gráfica


No hay comentarios:

Publicar un comentario