domingo, 24 de septiembre de 2017

OBRADOIROS GRAPHIC JAM

O obxectivo dos obradoiros do GRAPHIC JAM é achegar aos máis novos o traballo dos ilustradores nos diferentes campos profesionais da publicidade, o audiovisual, os videoxogos e o sector editorial.
 


PARTICIPANTES
Poderán participar nenas e nenos a partir dos 7 anos de idade.

INSCRICIÓN
A inscrición farase enviando un e-mail a minhocoestudio@gmail.com indicando o nome e apelidos do participante, idade do participante, un teléfono de contacto e o nome do pai, nai ou titor legal.

Se non se cubrisen as prazas na inscrición previa poderán apuntarse a actividade o mesmo día do evento.

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
Partindo dunha idea e dun guión común desenvolveranse diferentes exercicios:

  • Facer unha ilustración para un cartel, baseado no guión común
  • Deseñar un personaxe para un videoxogo, inspirado no guión común
  • Debuxar un cómic baseado no guión común
  • Facer un storyboard baseado no guión común
Cada participante poderá escoller que exercicio quere desenvolver durante a actividade.
A actividade levarase a cabo o sábado 30 de setembro de 12:00 a 13:30, e é unha actividade gratuíta.












No hay comentarios:

Publicar un comentario