jueves, 7 de septiembre de 2017

PRESENTACION DE GRAPHIC JAM!

Desde o colectivo de ilustradores Miñoco levamos un tempo traballando nun evento moi especial. O vindeiro 30 de setembro 2017 estades convidados ao GRAPHIC JAM, un punto de encontro (ou networking) para os creadores gráficos da cidade.

Dentro das actividades previstas haberá exposicións, un obradoiro infantil, charlas, unha zona de clubs sectoriais e un speed dating para creadores noveis. Todo isto, o sábado 30 de setembro no centro Ágora da Coruña. A entrada é libre e de balde.


O evento conta coa colaboración da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) e co apoio económico do Concello da Coruña, a través do programa Cultura de Barrio.

A programación poderá consultarse próximamente en:
https://www.facebook.com/graphic.jam.event/
https://twitter.com/GraphicJamEvent
http://minhocoestudio.blogspot.com.es/


No hay comentarios:

Publicar un comentario